O pormetido é divida, deixovos aqui a miña actividade desta fin de semana. Non foi gran cousa mas se vamos poñendo todas as nosas actividades ó final fica un arquivo que pode servir a outras persoas que queiran facer a mesma actividade.
Chegamos ao Porto de Pandetrave xa de noite, vivaqueamos alí perto e con calma ao día seguite comezamos o noso camiñar cara a Caben de Remoña. Esta parte e daquelas un poco rollo por ter que camiñar por unha pista pero evítase ter que remontar dende Fuente Dé polos Tornos de Lliordes. Dende ahí súbese xa por unha senda chamada o Sedo da Remoña, tamén se pode subir directamente pola Canal de Pedabejo, no inverno certamente é a mellor opción xa que o sedo vai por algunhas encostas con bastante iclinación que no verán no supón perigo algún mas no inverno poden ser complicadas.
Dende o Alto da Canal xa divisamos o camiño que tiñamos que seguir para subir a Torre de Salinas.
No fondo da pedrera ha unha canal que ha que remontar ate un ponto no que desviámonos á dereita e facer unha trepada moi sinxela por outra canal. Nese ponto ha que recuperar a canal principal camiñando pola ladera e remontar a canal ata a arista. Alí viramos á dereita e seguimos a cresta buscando os mellores pasos.
E no cume paramos a disfrutar das vistas.
A torre vista dende a Golada da Padierna:
Despois diso baixamos e bordeamos a Vega de Lliordes polo oeste ata a Golada da Padierna, seguimos o Sedo da Padierna e despois as Colladinas ata Collado Jermoso. Alí fixemos uma torre secundaria Torre de Llaz, desfrutamos do por do sol e durmimos nunha cova vivac.
Ao día seguinte subimos a Palanca, que ten unhas vistas moi boas do Macizo Central. Á subida liámonos un bocado pero chegamos ben ó cume e despois baixamos por un camiño máis sinxelo que non víramos ó subir. Primeiro ha que subir ata o Hoyo do Llambrión e bordealo polo oeste gañando sempre altura por unha pedrera ata que chegamos a unhas trepadillas fáciles que dan acceso a ladera da Palanca, dende ahí o camiño e sempre subir por onde nos sexa máis cómodo ata a arista e despois segir a aresta ata o cume, esta aresta non presenta ningunha dificultade xa que do lado sur polo que accedemos a pendente é suave.
Despois baixamos ata a fonte de Collado Jermoso e voltamos por un camiño alternativo que xa explicarei noutra ocasión. Deixo as fotos para os que coñezan a zona por se queren facer esta alternativa pouco utilizada.
Saludos!


